martes, 2 de octubre de 2012

Ética e moral

A moral é o comportamento dun individuo ou grupo; tradúcese en códigos de conduta e nun conxunto de normas que responden a diferentes valores. A ética reflexiona sobre eses valores para decidir se son ou non válidos. 

Podes profundizar nestes conceptos, copia en tu libreta este cadro, tomado da páxina Filópolis, onde tamén podes ler o artigo que explica estes conceptos, e poñerte a proba realizando este exercicio. 


O noso comportamento, as nosas decisións, en definitiva, a nosa MORAL, réxese sempre por uns valores dos que non sempre somos conscientes. Así que, para iniciarnos na "reflexión ética", o primeiro que deberíamos facer e analizar as nosas propias actitudes na vida. 



DILEMAS MORAIS

En primeiro lugar, cada un de vos debe reflexionar sobre un dos dilemas morais que nos propón Mariló Rivera no seu blog Aletheia, e traer a clase unha SOLUCIÓN XUSTIFICADA. 
A continuación deberás anotar nun folio a resposta ás seguintes cuestións:

Finalmente, analiza un pouco a túa actitude fronte á vida realizando o test de actitudes éticas da páxina “Etikosas” (búscao na marxe esquerda). Con él averiguarás cal é a túa “actitude ética” e que filósofos da historia comparten máis aspectos da túa visión da realidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario