martes, 23 de octubre de 2012

Os límites da liberdade

<<Liberdade é uma palavra 
que o sonho humano alimenta, 
não há ninguém que explique 
e ninguém que não entenda.>>

 Con estas palabras finaliza o documental de Jorge Furtado "A ilha das frores", un breve documental que fala, entre outras cousas das que falaremos máis adiante, da dificultade que teñen algúns seres humanos para exercer iso que parece tan fácil: a liberdade.


Xa estudamos a relación da liberdade coa ética, que podes repasar con este texto de Fernando Savater.

Pero, a pouco que reflexionamos sobre este concepto empezan a xurdir as dificultades: en que consiste a liberdade? é posible ser totalmente libre? os límites á nosa liberdade, están só fora de nós ou tamén dentro? 

 Para empezar, escoita esta canción de Andrés Calamaro, á que lle puxeron imaxes uns alumnos de psicoloxía de Córdoba (Arxentina), e anota todas as situacións ou circunstancias que se mencionen na canción e poidan limitar a liberdade. Son todas circunstancias externas ou hai algunha interna?

 O primeiro límite que se nos ocorre para a nosa liberdade son "os outros". Pero, é iso realmente así?
 

A continuación cada un de vós deberá reflexionar sobre unha cita relacionada coa liberdade que despois teredes que explicar aos vosos compañeiros. En relación a cita que che toque deberás anotar: 
  1. Que quere dicir? 
  2. Estás de acordo con ela? 
  3. Pon un exemplo concreto (real ou imaxinado) dunha situación na que se poida aplicar ese pensamento.
As citas están tomadas de páxinas como as seguintes: pensamientos.org; wikiquote; el faro del fin del mundo...Libertad Citas

Finalmente, imos poñer en común as nosas conclusións. Os alumnos que teñen citas relativas a cada un dos aspectos que se enumeran a continuación deberán reunirse e negociar as súas conclusións para contárnolas aos demáis:



1.   Importancia da libertade: para que serve? a que nos compromete? é un dereito ou unha obriga?

2.  Límites da libertade
a.   Persoais (internos): pasións, ignorancia, falla de vontade…
b.   Sociais (externos): sociedade, relación humanas, natureza…


Comparade as vosas reflexións e as dos vosos compañeiros coa información do libro de texto sobre este tema.

Para saber más...
En Cuentos para dormir podes ler (e escoitar) uns cantos relatos breves para reflexionar sobre o tema. Tamén é interesante a aproximación que nos ofrece este outro vídeo, La filosofía de la libertad
Entre os obstáculos que moitas veces temos para tomar decisións, destaca o medo: El poder de la puerta é unha historia que ilustra moi ben como funciona.  
 E, para rematar cun pouco de ritmo, outra canción (a ver se alguén consegue dar coa autora/cantante, eu non fun quen):
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario