viernes, 23 de noviembre de 2012

Guerra e paz

Esta semana, a través das dramáticas imaxes que nos chegaban dende a franxa de Gaza, puidemos recordar novamente o horror que supoñen os conflictos armados. Un horror que non remata co acordo de tregua, porque deixa tras de si unha estela de mortes, mutilacións e experiencias traumáticas que marcarán a vida de moitas víctimas. 

Fronte a barbarie da guerra, a forza e a solidaridade de xente anónima como Enmanuel e a súa nai constitúen unha esperanza e unha lección de vida que todos, empezando polos dirixentes do mundo e rematando por cada un de nós, deberíamos ter en conta, para empezar a construir ese mundo que soñou John Lennon (que tamén morreu prematuramente, víctima da violencia) na canción escollida por Enmanuel.

(Iso si, o subtitulador puido facelo mellor: "orfanato" vai sen "h" e "bravura" con "v")


No hay comentarios:

Publicar un comentario