lunes, 5 de noviembre de 2012

As razóns das emocións


Xa falamos do papel da razón, da capacidade de reflexión que temos os humanos, na toma de decisións que determina o noso comportamento ético. Pero, na vida real, resultaría totalmente imposible analizar sempre dunha maneira fría e racional todas as situacións para poder tomar as decisións “correctas”. Os sentimentos tamén forman parte da natureza humana, e polo tanto xogan un papel determinante nos valores e comportamentos que determinan a nosa ética e a nosa moral. 
.
Nos últimos anos, o estudo das emocións e da posibilidade de aprender a xestionalas con eficacia experimentou un impulso moi importante. O libro Inteligencia emocional, de Daniel Coleman, popularizou este tema, que xa levaba uns anos sendo obxecto de atención doutros científicos, como Paul Ekman e Antonio Damasio. O primeiro que deberías facer para aproximarte con sensatez a este tema sería averiguar como te defendes ti na xestión das emocións. Podes facelo realizando este test.
 .
Redes: entrevistas a Paul Ekman e Antonio Damasio
Imos ver, en primeiro lugar, algúns fragmentos de sendas entrevistas realizadas por Eduardo Punset a estes dous científicos para o programa de TVE Redes. 
Antes de velas, le as preguntas do cuestionario para saber a que aspectos deberás atender:
 
.
Documental: Intelixencia emocional 
A continuación imos ver un documental sobre este concepto do que tanto estamos a escoitar falar nos últimos anos. Novamente, deberás ler o cuestionario antes de comezar. Esta vez deberás estar moi atento: o son non é moi bo, pero os subtítulos (en portugués) poderán axudarche.
 

No seguinte vídeo ofrécese un resumo das habilidades que conforman a intelixencia emocional, moi similar ao que tés no teu libro de texto (páx. 24)

Con todo o que aprendiches, volve a revisar o test que fixeches ao principio do tema e analízao: cal das habilidades da intelixencia emocional pretende analizar cada pregunta? Hai algunha que analice ao mesmo tempo máis dunha? Están proporcionados os diferentes aspectos?
.
Para saber máis
  • En CIDEAD podes profundizar neste tema lendo diferentes textos e realizando algunhas actividades interactivas. Concretamente, deberás pulsar sobre o apartado 2 (Somos seres emocionais).
  • Tamén é moi interesante a actividade que nos propón Daniel Fernández Rosado partindo da película El indomable Will Hunting.
  • E neste último vídeo podes descubrir a maneira na que o cerebro humano procesa os instintos, as emocións e os razoamentos lóxicos
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario